Primeiro Encontro da asociación PUM de Ourense ca directiva de Fegaus en Vigo o  día 14 de febreiro de 2020
Unha delegación da Asociación de Aulas Abertas de de Maiores da Universidade de Vigo, represantada por Celso Pumar como presidente, Antonia Blanes vicepresidenta, Rafael Veleiro tesorero e Miguel Ángel Martinez como vocal e delegado de prensa da asociación, foi invitada pola directiva da  Asociacións de Maiores de Vigo na sede la asociación en Vigo.
Pola parte da asociación viguesa asistiron; Marina Troncoso, presidenta, Constantino García, vicepresidente, Cristina Fernández, secretaria, Alejandro Otero, vocal (Presidente de FEGAUS), Felipe Alconada, vocal e Leonardo Pérez, vocal.
Na reunión tratouse de poñer o día os visitantes, dos proxectos en curso así como ás invitacións para participar nos distintos encontros galegos e nacionáis do conxunto das asociacións universitarias.
Durante duas horas, a delegación ourensán aproveitou para facer preguntas sobre os mecanismos para levar adiante unha asociación que durante anos levaba paralizada case no olvido. Con todo luxo de detalles foron debullando todolos aspectos para levar a cabo os proxectos, e mesmo ofrecendonos todo tipo de axuda e consellos.
Con posterioridade e facendo gala da sua magnífica hospitalidade, agasallaron ós visitantes a un xantar no Real Clube Nautico de Vigo.
O remate, a Asociación Ourensán invitou a Asociación de Vigo a visitar Ourense o próximo día 29 de presente mes de febreiro.