Funcionamento do club de lectura

O grupo reúnese todos os meses, concretamente o penúltimo venres de cada mes, de outubro a xuño, ambos os meses incluídos. A moderadora escolle un libro do catálogo da Biblioteca de Galicia da Xunta de Galicia (en castelán ou en galego), que se encarga de facilitar os exemplares para seren distribuídos entre as persoas participantes.

As sesións teñen unha duración aproximada de entre unha hora e media e dúas horas e seguen, máis ou menos, a seguinte dinámica:

  1. Unha breve introdución. A moderadora presenta, de xeito breve, algúns datos sobre o autor ou autora, a época e o contexto histórico e cultural da obra, como punta de partida para a conversa.
  2. Primeiras impresións. Cada participante comparte brevemente que lle pareceu o libro: se lle gustou, se lle custou rematalo, cal foi a súa parte favorita, que personaxe lle chamou máis a atención...
  3. A conversa arredor da obra. A partir destas primeiras impresións, vaise afondando na trama e en calquera aspecto da lectura que xere meigallo/interese. Formúlanse preguntas abertas para compartir puntos de vista, contrastar interpretacións e descubrir novas perspectivas sobre a obra.

Unha conversa que vai máis alá do libro. Pouco a pouco, a conversa pode meirande derivar cara á relación dos temas tratados na obra coas experiencias ou cos valores das meirande propias persoas lectoras, así como cara á recomendación doutros libros, películas ou obras relacionadas coa lectura.

Algunhas das últimas lecturas foron:

  • Las uvas de la ira de John Steinbeck.
  • La cena de Herman Koch.
  • O libro e o tapiz de Xabier Paz.
  • Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.
  • El Jugador de Dostoyevski.
  • La aventura del tocador de señoras de Eduardo Mendoza.

e seguimos leendo.....