
——————————————————————————————————————————-
No marco do proxecto Bela Galicia impartirase a conferencia:
——————————————————————————————————————————–
Título: A peregrinación xacobea no século XXI: asociacionismo, hostalería e promoción institucional.
————————————————————————————————————————————-
Impartida por D. Ildefonso de la Campa Montenegro, Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da S.A. Xestión do Plan Xacobeo da Xunta De Galicia.
Día: 14 de outubro de 2022.
Ás 11:45 h. Proxectarase o vídeo promocional de Bela Galicia.
Tempo da conferencia: 12 a 13 horas.
Lugar: salón de actos da Facultade de Comercio. Rúa Torrecedeira 105-1º, Vigo.
Nesta presentación analizarase a evolución da peregrinación e os peregrinos desde as peregrinacións históricas ata a actualidade.
Comentaremos tamén a importancia do movemento asociativo Xacobeo na recuperación do Camiño de Santiago e a súa promoción nacional e internacional. Daremos unha visión sobre a hospitalidade xacobea e a súa evolución histórica, así como, sobre as diferentes formas de acollida e hospitalidade no ámbito Xacobeo.
Por último, analizaremos a importancia do papel das institucións públicas na recuperación, desenvolvemento e promoción do Camiño de Santiago.