ESTATUTOS 

“ASOCIACIÓN DE AULAS  DE FORMACIÓN ABERTA UNIVERSIDADE  DE VIGO CAMPUS DE VIGO”

CIF G36949006

 

ESTATUTOS ACTUALIZADOS EN PDF PARA DESCARGAR:

2020 ESTATUTOS VIGENTES ACTUALIZADOS

ESTATUTOS FUNDACIONALES EN PDF PARA DESCARGAR:

ESTATUTOS FUNDACIONALES AULAS DE FORMACIÓN ABERTA 2004

 

                                                             Anexo l. (incluidos nos Estatutos vixentes)

ESTATUTOS DO CORO

Artigo 1.- Para a mellor consecución dos seus fins, créase, dentro da Asociación, un coro baixo a
denominación «CORO AULA ABERTA», da Asociación de Alumnos do PUM da
Universidade Vigo.

Artigo 2- O Coro configúrase como unha sección da Asociación de xeito que, no desenvolvemento
da súa actividade, a persoalidade xurídica e a capacidade para contratarserán as
da Asociación.

Artigo 3.- O representante do Coro será o Presidente da Asociación ou persoa na que este
delegue.

Artigo 4.- O Coro contará cun Director artístico que será nomeado e contratado, e no seu caso
destituido, pola Xunta Directiva en representación da Asociación de Alumnos. Dos ditos
nomeamentos e destitucións deberase dar conta á Asemblea Xeral da Asociación.

Artigo 5.- O Director será o responsable do resultado artístico do Coro e corresponderalle a
planificación das súas actividades, a elección do repertorio e a organización dos ensaios e
actuacións, a realizar por propia iniciativa ou a proposta da Xunta Directiva. Tamén lle
corresponderá decidir sobre a admisión daquelas persoas que se postulen como novos
membros do Coro, segundo o establecido no apartado 9.

Artigo 6.- O Coro terá un Coordinador designado pola Xunta Directiva da Asociación e servirá de
enlace entre esta e o Coro. O Coordinador será membro nato da Xunta Directiva e deberá
reunir a dupla condición de ser socio da Asociación.

Artigo 7.- O número máximo e mínimo dos compoñentes do Coro será fixado polo Director
artístico co Visto e Prace da Xunta Directiva da Asociación.

Artigo 8.- Como mínimo, os 3/5 dos integrantes do Coro deberán ser membros da Asociación.

A Xunta Directiva poderá variar dita proporción polos motivos que considere convenientes e
sempre en beneficio do resultado artístico do Coro.

Artigo 9.- A admisión como membro do Coro deberá contar coa aprobación do Director artístico
e co Visto e Prace do Coordinador. En caso de conflito, corresponderalle á Xunta Directiva
da Asociación a decisión última no caso de expulsión.

Artigo 10.- A Asociación, por medio da súa Xunta Directiva, será quen determine e contrate os
espazos ou locais onde se desenvolvan as distintas actividades do Coro.

Artigo 11.- Todos os ingresos e gastos do Coro, serán ingresos e gastos da Asociación.

Artigo 12.- A contía e modalidade de pago da cota mensual a abonar polos membros do Coro,
serán fixadas pola Xunta Directiva.

Artigo 13.- O Coro poderá elaborar os seus propios orzamentos dentro da partida que lle sexa
asignada pola Asociación. A responsabilidade da elaboración dos ditos orzamentos
corresponderalle ao Tesoureiro da Asociación co Visto e Prace do Coordinador e a
aprobación final pola Xunta Directiva. A responsabilidade pola xestión e execución do
orzamento corresponderalle ao Coordinador. A os ditos efectos, o Coro poderá ter unha
conta bancaria diferenciada, con titularidade da Asociación, con tres sinaturas:
Presidente, Coordinador e Tesoureiro da Asociación, e da que poderán dispor
conxuntamente con dúas sinaturas.
Artigo 14.- Os gastos do Coro que excedan do orzamento aprobado, deberán ser autorizados
pola Xunta Directiva.
Artigo 15.- O Coro terá o seu proprio regulamento de funcionamento interno, que deberá ser
aprobado pola Xunta Directiva da Asociación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

borrar formularioEnviar