—————————————————————————————————————————-

RESEÑA DO ACTO DE EXALTACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

———————————————————————————————————————————

Un ano mais, a nosa Asociación, co gallo do Día das Letras Galegas, quixo contribuir a homenaxe que, a Real Academia Galega, neste 2025, adica as cantareiras e a poesía popular; personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeiras e As Pandareteiras de Mens (Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema); a proposta dos académicos Ana Boullón e Antón Santamarina.

Para a efeméride contamos coa desinteresada colaboración de dous catedráticos de máximo prestixio: o propio Antón Luis Santamarina Fernández e o noso querido profesor -dende o inicio do PUM na UVIGO- e decano da Facultade de Filoloxía, José Montero Reguera, que colmaron todas as expectativas.

Así, logo dun saudo a selecta concurrencia, a presidenta, Marina Troncoso, fai unha breve introducción o acto, e dalle paso o profesor Montero para que desenrole a presentación do conferenciante; cousa que realizou ca maestría que nos ten acostumados.

Principiou por recoñecer que non tiña coñecido persoalmente o xa emérito catedrático Santamarina, polo que tuvo que botar man de dos mestres ben recoñecidos de todos: José Fernández Salgado e Xesús Alonso Montero; ámbolos dous proporcionronlle ás mellores referencias que, resumindo moito, apuntan a que se trata do maior experto en lexicografía da nosa contorna.

Pola sua banda, renunciou a efectuar o repaso sobre amplio currículo, e centrouse na lectura dun soneto (mellor dito sonetillo, xa que logo está composto en versos de arte menor, neste caso octosílabos, anque mantendo a rima clásica ABBA:ABBA:CDC:DCD, como nos lembrou o profesor) de Darío Xohán Cabana, moi ben traído para a ocasión.

Xa no uso da palabra, o Señor Santamarina, trazounos un semblante da sua aldea natal: San Martín de Suarna, do concello de A Fonsagrada, con todo luxo de detalles etnográficos, referidos o poboamento (para o que emprega a unidade de medida os lumes. Na actualidade non acada a ducia deles), os usos e costumes, a toponimia (especialmente referida os apeiros de uso cotidián) e outras oubservacións do máximo interés.

Para seguir xa co tema mais específico da literatura popular -esa manifestación que foron quen de manter viva durante séculos, malia a falta de apoio institucional, maioritariamente as mulleres, e trasmitida básicamente de forma oral-, adoptando un tono íntimo e casi familiar, pois apoiándose en citas e testimuñas de familiares e veciños, xunto co froito de investigacións persoais, trazaunos unha semblanza histórica das cantigas populares e a sua evolución cara formas folclóricas. Salpicando ca recitación, ou entonación, de múltiples exemplos, e non so en galego, xa que a condición de raiana da comarca do Suarna, dou lugar a transmisión de coplas en castelán, e mesmo en asturiano occidental.

Como colofón, fíxose entrega, a ámbolos dous profesores, dunha estatuilla AULI, pola sua brillante e altruista colaboración.

Durante todo o evento estuvo presente a agrupación musical Ferreñas da Oliveira, que actuou a apertura (Jota e muiñeira de Toutón), no intermedio (pasodoble de Bardáns) e, para finiquitar, co Himno Galego, que acompañaron os presente postos de pé.

Xa fora do paraninfo da Facultade de Comercio que nos sirviu de marco, na azotea do segundo andar, estaba servido un variado e abundante ágape, cun esplendoroso clima, que non quixo desentonar de toda a celebración.

 

Leonardo Pérez Ferreiro

Secretario de Aulas de Formación Aberta

Vigo, 15 de maio de 2025