Xoves 17 de novembro,2016

Organizada pola Asociación de Alumnos, Aulas de Formación Aberta

Conferencia do Profesor D. Luís Domínguez Castro

As 11:30 horas

No salón de actos da Escola Universitaria de E.E. rúa Torrecedeira

VIDEO DE LA CONFERENCIA:

http://canalsenior.es/agora-tecnologia/existe-una-cultura-europea-para-que/

 

Existe unha cultura europea? Para que?

      Estamos a vivir unha das épocas máis críticas do proceso de integración europea. Quedan lonxe as tráxicas vivencias da última guerra mundial e o cambio radical que supuxo trocar os campos de batalla polas mesas de negociación para dirimir os conflitos entre os Estados. Lonxe quedan tamén os anos de progreso económico e social que acompañaron o nacemento e o desenvolvemento das comunidades europeas. Sen dúbida, a UE achegou cousas moi positivas para a cidadanía europea no seu conxunto, pero tamén se cometeron erros evidentes que provocaron sufrimento e desafección.
Agora, estamos nun demorado tempo de reflexión cheo de tentacións populistas, con respostas moi fáciles a problemas moi difíciles; de tentacións proteccionistas de repregue as fronteiras nacionais, das que o brexit e un exemplo notorio; de confusión e falta de liderado por parte dos xefes de Estado e de goberno e das autoridades comunitarias. Moitas voces falan da necesidade de crear unha nova narrativa de Europa que poña o acento máis na cultura que na economía.
O Profesor Dominguez pasará unha breve enquisa sobre a cultura europea á os asistentes, dentro dun proxecto de investigación para elaborar 10 unidades didácticas para primaria e outras tantas para secundaria sobre diferentes aspectos da cultura europea concecdido pola Comisión.

Enlace a enquisa:

https://weareeuropean. typeform.com/to/VD5KYi