Para descargar:
CALENDARIO E HORARIOS PARA O CICLO INTENSIVO. CURSO 2018-2019
DO PROGRAMA UNIVERSITARIO PARA MAIORES. CAMPUS DE VIGO
A DOCENCIA IMPARTIRASE na Escola Universitaria de Empresariais, rúa Torrecedeira 105 (Vigo).
Edificio anexo, da biblioteca de Peritos, 2ª planta
O CURSO ACADÉMICO comezará o LUNS 1 de outubro de 2018 ata o VENRES 31 de Maio de 2018. NESTE PERÍODO ESTÁN INCLUÍDAS CLASES e PROBAS DE AVALIACIÓN
O PRIMEIRO CUADRIMESTRE vai do 1 de outubro ata o 31 de xaneiro
O SEGUNDO CUADRIMESTRE do 11 de febreiro ao 31 de maio.
DÍAS NON LECTIVOS:
PRIMEIRO CUADRIMESTRE E SEGUNDO CUADRIMESTRE
12 de outubro: Festa da Hispanidade
1 de novembro: Todos os Santos
6 de decembro: Día da Constitución
21 de decembro a 7 de xaneiro: Festas de Nadal (ambos incluídos)
28 de xaneiro: Santo Tomé de Aquino Carnavais: 4, 5 marzo
Semana Santa: 15 ao 20 de abril (ambos incluídos)
Festivos estatais: 1 maio
Festivos comunidade: 17 maio
Festivos locais: 28 marzo
Patrón Escola Empresariais: 5 abril
AULAS NAS QUE SE IMPARTIRÁN AS CLASES
1. As clases de INFORMÁTICA impartiranse no edificio da Escola Universitaria de Estudos Empresariais (antiga Escola de Comercio), en aula de Informática a concretar (Torrecedeira 105)
2. O RESTO DAS MATERIAS, serán no Anexo desta Escola, sito no lateral da Escola de Enxeñería Industrial (antiga Escola de Peritos), (Torrecedeira 86), no segundo piso. O número de aula correspondente está indicado en cada unha das materias.
3. A AULA SOCIAL (mércores) será no edificio da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, na aula 01.
4. A administrativa do programa (Carmen Veleiro) ten o seu lugar de atención ao público onde estaba o antigo rexistro (anexo de Escola Enxeñería Industrial). O horario de atención é o mesmo que en anos anteriores: martes e xoves pola tarde.
PRIMEIRO CUADRIMESTRE
As clases comezan o día 1 de OUTUBRO de 2018 e rematan o día 25 de XANEIRO de 2019. NESTE PERÍODO ESTÁN INCLUÍDAS CLASES E PROBAS DE AVALIACIÓN
OUTUBRO 2018 NOVEMBRO 2018
SEGUNDO CUADRIMESTRE
As clases comezarán o día 11 de FEBREIRO e rematarán o día 31 de MAIO de 2019.
(*) Introdución á Informática impártese do 12 de FEBREIRO ao 26 de MARZO e
(**) Introdución ás Novas Tecnoloxías (1ª parte), será do 2 de ABRIL ao 28 de MAIO
Aula de Informática 1 está situada no edificio central da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Torrecedeira 105, confirmarase antes de comezar o curso.