MATRÍCULA NO CICLO INTEGRADO

———————————————————————————————————-

2.1.- Prazo de matrícula no ciclo integrado

————————————————————————————————————————————————

O prazo de matrícula é dende o 2 ata o 7 de setembro de 2020

—————————————————————————————————————————————————–

Poderá matricularse o alumnado que realizase a inscrición e fose admitido no ciclo integrado e ademais o alumnado que xa gozase de matrícula en cursos anteriores e continúe os seus estudos neste curso académico, ou que xa rematase o ciclo integrado e queira seguir neste ciclo en materias soltas non superadas.

 

2.2.- Formalización da matrícula

Poderán formalizar a matrícula no ciclo integrado da titulación “universitario/a superior sénior” as persoas que previamente realizasen a inscrición e fosen admitidos no Programa para maiores, así como o estudantado que xa gozase de matrícula en cursos anteriores e lle resten créditos para completar o ciclo.

O alumnado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.

Os impresos poden descargarse da web a través do enlace: https://www.uvigo.gal/estudar/queestudar/programa-universitario-maiores.

Ao remate deste proceso, as persoas que estean interesadas no acceso ao Programa de maiores no ciclo integrado poderán realizar a inscrición online e unha vez comprobados os requisitos se lle indicará o prazo para formalizar a matrícula.

Este procedemento realizarase dende o 23 ao 25 de setembro de 2020 (incluído).

 

2.3.- Documentación para a matrícula no ciclo integrado.

– Impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e o número de conta bancaria no caso de domiciliación bancaria debidamente cubertos e asinados.

– O número de conta bancaria no caso de domiciliación bancaria (para o alumnado de novo ingreso).

– No caso de pagamento por domiciliación debe presentar autorización de documento SEPA coa sinatura orixinal da persoa titular da conta. De non presentar o SEPA no prazo de 10 días naturais desde a matrícula procederase ao cambio de forma de pago “a prazo único en efectivo” e informarán da nova situación por correo electrónico ao alumnado. Non realizar o pagamento no prazo indicado na Folla de liquidación terá as consecuencias previstas nas Normas económicas derivadas da xestión académica de titulacións oficiais e propias da UVIGO.

 

2.4.-Lugares de matriculación

Campus de Vigo:

Persoal no programa de Maiores, Escola de Enxeñaría Industrial – sede cidade (Antiga Escola de Peritos)

De luns a venres pola maña (de 9:00 a 14:00)

 

Pdf con toda la información del Ciclo Integrado y del Ciclo Intensivo, curso 2020-2021:

Convocatoria de inscrición e matricula Senior 2020-21 (1)