PARA CONTINUAR OS ESTUDOS NO PROGRAMA DE MAIORES
Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado ao que lle falten créditos para completar o ciclo intensivo deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que lle queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso deberá matricularse de todos os créditos restantes nunha única vez.
Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.
Respecto as materias indicar que se vai a ofertar dúas materias en formato «on line», non presencial que se impartirán a través do Campus remoto da Universidade.
Para seguir estas materias é necesario dispoñer de conexión a internet.
As materias son:
Historia da Arte Primeiro curso, primeiro cuadrimestre
Botánica aplicada Cuarto curso, segundo cuadrimestre
——————————————————————————————————————————————————————————–
PERIODO DE MATRÍCULA
Alumnos de continuación de estudos Ciclo Intensivo, (os que estábades asistindo a clase o ano pasado e nos anteriores): do 20 ao 27 de setembro.
——————————————————————————————————————————————————————————–
LISTAXE DE ASINATURAS PARA MATRICULA EN CONTINUACIÓN DE ESTUDOS
ASIGNATURAS 21-22_vigo_CONTINUACIÓN intensivo
——————————————————————————————————————————————————————————–
HORARIOS DAS MATERIAS
Documento de horarios en pdf
HORARIO 21-22_Vigo_intensivo_horarios
……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….
MATRÍCULA
Par levar a cabo a matrícula e necesario cubrir e enviar os seguintes impresos:
Documentación e pagamento
Precisas os impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e de pagamento debidamente cubertos e asinados. Tamén tes que entregar o formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. Atoparás o impreso de datos persoais e de pago máis abaixo
- Impreso de matrícula no ciclo intensivo do campus de Vigo (continuación de estudos)
- Impreso de pagamento e de datos persoais
PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
A matrícula este ano farase preferentemente non presencial e por orde alfabética de acordo coa orde establecida da Xunta de Galicia para a vacinación que neste caso é a letra » H».
O procedemento de matricula realizarase da mesma maneira que o ano pasado, de forma non presencial, e enviando a documentación indicada anteriormente, con antelación por correo electrónico maiores@uvigo.es. No asunto engadirase o DNI coa letra. Por exemplo: Asunto: “36114038N”. Para calquera dúbida pode chamar ao 986 81 22 57.
A data para enviar a documentación e a orde de matrícula pódese consultar chamando ao 986 81 22 57
————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————————–
Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico. Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.
Documentación e pagamento
Precisas os impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e de pagamento debidamente cubertos e asinados. Tamén tes que entregar o formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. Atoparás o impreso de datos persoais e de pago máis abaixo.
LISTAXE DE ASINATURAS DO CICLO INTEGRADO
ASIGNATURAS 21-22_vigo_integrado
——————————————————————————————————————————————————————————–
TODA A INFORMACIÓN EN:
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/programa-universitario-maiores