INFORMACIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

Atendendo á distribución das aulas, notifícanse os cambios producidos no
número de prazas en materias do segundo cuadrimestre no ciclo intensivo do
campus de Vigo.

IV30118 Pensamento racional:  35 prazas (diminúen 15)
IV30507 Inglés I:                              35 prazas (diminúen 15)

IV30523 Recursos minerais: uso e explotación sostible:
50 prazas (aumentan 15)
IV30111 Introdución á literatura española e hisponoamericana:      50 prazas
(aumentan 15)

Lémbrase que o prazo para a solicitude de modificacións de materias  do
segundo cuadrimestre estará aberto dende o 27 de febreiro ao 2 de marzo.

Os lugares e horarios de presentación de solicitudes son os seguintes:

–        Servizo de Extensión Universitaria . Edificio Miralles s/n . Campus
universitario de Vigo
*De luns a venres en horario de 8:30h a 14:30h

–         E.U.Empresariais . Torrecedeira 105.
* Martes e xoves en horario de 17:00h a 19:00h

Neste enlace pode descargar os horarios do segundo cuadrimestre coas aulas
adxudicadas.
http://extension.uvigo.es/opencms/export/sites/extension/extension_gl/documentos/programa-maiores/HORARIO_P.U.M._2016-17_x8.0x-2x_cuadrimestre.pdf