Salón de actos da EUEE, venres 19 de outubro do 2018
Discurso da alumna Milagres Chapela, no nome d@s graduadosd@ da XIV promoción de Graduados Universitarios Sénior do PUM da Universidade de Vigo.
Saúdo: Sr. Sánchez; Ilmo. Sr. Alcalde; Sr. Reigosa; Sra. Caparrini e Sr Montero.
Agradezo as miñas compañeiras e compañeiros de promoción a súa confianza en min para representalos neste ilustre acto.
Líamos fai uns días, que máis de cincocentas alumnas e alumnos están matriculados no Programa de Maiores da Universidade de Vigo, e que desde que arrincou este proxecto no ano 2002 xa pasaron máis de 6.000. Un dato importante, é que cada vez somos máis.
Un dos motivos que nos leva a matriculámonos no PUM sen dúbida é porque se trata dun proxecto de estudo a nosa medida, no que ademáis de garantir a formación académica ao longo de toda a nosa vida, ofrécenos a posibilidade de incentivar relacións interxeneracionais e fomenta a nosa participación na sociedade actual.
Día a día procuramos manter a ilusión por seguir aprendendo, porque cando estamos ilusionados, gozamos cada día con entusiasmo. É así como proporcionamos calidade ás nosas vidas, ao noso traballo e tamén ás nosas relacións.
Queremos e procuramos que o noso entusiasmo non esmoreza, pero para iso, pensamos que serían necesarias certas restauracións de cando en vez.
Afortunadamente contamos cun novo equipo rector que vén cheo de proxectos e con intención de melloralo todo, de aí o slogan do seu grupo “cambiar o rumbo” cando tomou posesión do cargo, o novo Rector Sr. Reigosa, Rector e vicerrectora Sra. Caparrini, responsable das Áreas de Estudantes e de Extensión Universitaria, a quen lles trasladamos os nosos parabéns polo cargo, que sen dúbida desempeñarán marabillosamente. Pero como carquer outro cargo, éste, conleva tamén a responsabilidade, de escoitar as demandas que hoxe lle trasladamos, e que non dubidamos, tomará en conta.
Fai xa tres anos que desapareceron as asignaturas troncais no programa de maiores da Universidade de Vigo. Iso ocasionóunos certo barullo na nosa promoción, e llo está ocasionando as posteriores.
A inexistencia de asignaturas troncais, impide que o alumnado se trate e coñeza desde o primeiro día.
Nesta circunstancia énos imposible designar un delegado ou delegada de curso, e cando se elixe, é imposible que poidan facelo fácilmente ao carecer de datos concretos.
En sustitución creouse un Aula Social, na que se imparten interesantísimas conferencias que dan lugar a non menos interesantes faladoiros, pero ó tratarse dunha actividade non reglada, non se consigue a cohesión desexada entre o alumnado.
Demandamos pois, a implantación de asignaturas troncais, pois é único modo de levar adecuadamente cada promoción, de organizarnos mellor en diversas ocasións, como por exemplo este acto de hoxe, que probablemente pasará a ser a graduación senior máis insubstancial de todas as que se levan celebrado ata o momento. ( engadido na charla ..“ a pesar de tan ilustre mesa”)
Teño que decir, por que así e o sentir desta promoción, que a descoordinación e ou a falta de colaboración por parte da Universidade e ou da Asociación de alumnos, fixo que a día de hoxe, ainda non saibamos quen ou cantos somos os graduandos para poder celebrar xuntos e xuntas este acto, coa relevancia que cada un de nos poidera sentir. Oxalá que as próximas promocións poidan celebralo mais axeitadamente.
Como día a día querémonos formar mais e mellor, é necesario que oferten novas asignaturas, e éstas sexan acordes as nosas novas “necesidades” entre elas destacamos as novas tecnoloxías. Coñecelas e utilizalas é hoxe un factor clave nas aulas universitarias, pero moitos de nós necesitamos formación para facer uso delas, pois ainda que para moitas persoas é común o seu uso, para outras non o é tanto. Nos non queremos que a Universidade involúe, nos queremos evoluir. É por iso que demandamos asignaturas de manexo de novas tecnoloxías desde niveles básicos e necesariamente impartidas no primeiro curso, para dese xeito acceder a unha mellor información e comunicación entre a Universidade, o profesorado e o alumnado.
Desapareceron do programa algunas asignaturas sin ser sustituidas por outras análogas, como por exemplo a de Dereito Básico, que nos resultaba de enorme utilidade á hora de interpretar a parte “legal” das nosas vidas, ou tamén alguna outra relacionada coa Filosofía.
A outras asignaturas, se lles dedica pouco tempo e as veces resulta escaso para a mesma. A moitos profesores e profesoras, resúltalles imposible resumir en poucas horas, asignaturas ás que se lles debería dedicar meses de estudo.
Aproveito o momento para lanzar un voto a favor de todo o equipo de profesorado do PUM. GRAZAS por toda a súa dedicación, polo seu labor tan valioso que cada día levan dun xeito magnífico e polo compromiso que teñen co alumnado. Absolutamente todas e todos, merecen un enorme aplauso.
É xusto recoñecer, que algunha vez (poucas) aparece no programa de maiores, algunha nova asignatura. Cando isto ocorre, a noticia corre como a pólvora entre nós. Ansiámos de aprender cousas novas.
Este ano, antes da apertura do prazo para a inscripción, xa todo o alunmnado sabía que había unha “nova” asignatura relacionada coa Arte… e nada menos que con 50 prazas!, pois ben, as prazas esgotáronse o en só unhas horas, de modo que moitas e moitos de nós, non chegamos a tempo. Este dato tamén debería terse en conta.
O mesmo ocorre cando falamos de asignaturas con “númerus clausus” algunhas con tan só 20 prazas, resultan verdadeiramente escasas para a demanda que teñen. Hai quen leva anos intentando matricularse en algunha e cada vez tenno máis difícil.
O alumnado do PUM, temos obrigacións. Matriculámonos, abonamos as taxas correspondentes, acudimos ás aulas regularmente, sometémonos a exames, etc. Somos pois, alumnas e alumnos da Universidade de Vigo, coas mesmas obrigas que calquer outro estudante, independientemente da súa edade, soamente existe unha diferenza entre uns e outros. Uns son considerados alumnos de pleno dereito e outros non. A Universidade de Vigo, non considera ao alumnado do PUM, alumnos de pleno dereito, á vez que nos require o cumprimento de formalidades previas.
Esta situación de desigualdade, desmotívanos á hora de implicarnos máis a fondo en cuestións universitarias, pois observamos que a Universidade non considera de igual xeito ao alumnado.
Que a Universidade de Vigo nos considera alunmos de pleno dereiro, é outra das nosas demandas.
Un claro exemplo de esta desigualdade, é que unha parte moi importante de nós pertencemos a AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, e dentro desta, temos constituido un coro (hoxe o único coro en activo da Universidade de Vigo) pois ben, malia intervir en actos solemnes organizados pola Universidade de Vigo, e ser coñecido oficiosamente como coro universitario, prohíbeselle facer uso do nome e insignia da Universidade de Vigo. Tamén demandamos, que esta circunstancia sexa corrixida o mais axiña posible.
Este novo equipo rector, debe ter en conta as demandas que o alumnado fai por que é necesario que o PUM siga sendo o proxecto educativo para o que foi creado, para as persoas que por diferentes razóns non puidimos ou puideron acceder á Universidade no seu momento, ou para as que continuamente desexamos seguir aprendendo e extendendo a nosa formación.
Un dos momentos máis emocionantes que pode vivir un ou unha estudante, é cando se gradúa, e a nosa, por ser un ciclo universitario de maiores, e non teña finalidade profesional non ia ser menos, é tamén motivo de satisfacción, alegría e de celebración, pois conseguímolo nun momento da nosa vida, no que alcanzar metas suponnos procurar novos retos, porque a vida se resume en retos e metas.
Trátase dun obxectivo cumprido no que ademais participaron moitas persoas. Foron tantas, que é imposible nomealas a todas, pero a todas, a cada unha delas, e de xeito especial a nosa secretaria Carmen Veleiro, polo seu bo facer e inagobale paciencia con nos, e por suposto a Univesidade de Vigo, infinitas grazas. Foi un verdadeiro pracer chegar ata aquí con todas e todos vós.
A todos os presentes, grazas por ser parte deste momento
PD. Dende a Asociación de Alumnos Aulas de Formación Aberta, queremos aclarar que a Asociación non puido participar na organización do acto de graduación sen ter os datos dos alumnos, que pediu ao vicerrectorado para axudar aos estudantes.
A Universidade non puido facilitar a participación da Asociación ao abeiro da LPD