—————————————————————————————————————————————-

III Xornadas de Asociacións Universitarias Sénior

———————————————————————————————————————————————-

Facultade de Humanidades da USC – Campus de Lugo

—————————————————————————————————————————————————–

31 de Maio de 2024

————————————————————————————————————————————————

 

“Aprendizaxe ao longo da vida. Un reto para o século XXI”

——————————————————————————————————————————————————-

 

Unha representación da Asociación Aulas de Formación Aberta  asistiu o 31 de Maio, a partir das 10h, no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo – Campus Terra,  en sesión de mañá e tarde as III Xornadas de Asociacións Universitarias Sénior baixo o lema de “Aprendizaxe ao longo da vida. Un reto para o século XXI” organizadas pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS).

—————————————————————————————————————————————————–

Ao falarmos de aprendizaxe ao longo da vida estamos a nos referir a toda actividade formativa emprendida en calquera momento do ciclo vital das persoas coa fin de mellorar os seus coñecementos teóricos e prácticos, as súas destrezas, competencias e cualificacións por motivos persoais, sociais e/ou profesionais. Precisamos da aprendizaxe continua para avanzar individual e socialmente. É a renovación constante mediante o coñecemento… sen “tempos mortos”.

Para nós este é un dos desafíos puntais que se nos presenta no século XXI que estamos a vivir. Sempre aprendendo para vivir máis e mellor.

Na sesión da tarde tivo lugar un encontro das distintas Asociacións de Galicia de posta en común, intercambio de experiencias, traballo desenvolvido nos respectivos ámbitos, etc. en cumprimento dun dos obxectivos da Federación como é o de promover e coordinar a colaboración e as sinerxías do traballo asociativo.

Nesta mesa foi, Juan Antonio Lagos Amorín o representante da Asociación Aulas de Formación Aberta do campus de Vigo, quen estuvo a falar das actividades la Asociación no último curso 2023/2024

Mesa inaugural

 

Programa

 

►          9:45h: Control de asistencia e recollida de documentación

►        10:00h: Apertura do acto, saúdo e benvida: Cosme Pombo Rodríguez (Asociación Alumnado IV Ciclo-Lugo)

►      10.10h: Mesa de autoridades:

  •   Xunta de Galicia: Francisco Javier Vázquez Nodal, Director Territorial de Lugo – Consellería de Política Social e Igualdade.
  • Deputación de Lugo: Miguel Fernández Méndez, Deputado Área de Formación e Ensino.
  • Concello de Lugo: Olga López Racamonde, Concelleira Benestar Social
  • Universidade Santiago Compostela: Antonio Álvarez Rodríguez, Adxunto á Vicerreitoría Campus de Lugo
  • CAUMAS: Marina Troncoso Rodríguez, Presidenta
  • FEGAUS: Alejandro Otero Dávila, Presidente

►        10:45h. Conferencia Inaugural:

■  Carlos Herrero Latorre, Catedrático de Química Analítica da USC, Ex-vicerreitor do Campus de Lugo: “O Campus Terra: pasado, presente e futuro”

Presentación: Teresa Rodríguez López, Coordinadora do Programa de IV Ciclo no Campus de Lugo.

►        11:30 a 11:50 h. Pausa – Café

►        12,00h. Mesa Redonda: “Formación e actividades para un envellecemento saudable”

Presentación: Carlos Anllo Canto (Asociación Alumnado IV Ciclo-Lugo)

Participan:

  • Manuel Melero Brezo, Xubilado Servizo Xeriatría do Hula (moderador)
  • Vanesa Álvarez Vidal, Adxunta do Servizo de Xeriatría do Hula
  • Dolores Moure Rodríguez, Traballadora Social do Hula

►        12:45 a 13:10 h. Coloquio

►        13:15h. Conferencia:

  • Antonio Rigueiro Rodríguez, Catedrático Emérito da USC, profesor de IV Ciclo no Campus Terra: “Árbores senlleiras de Galicia”
  • Presentación: Isabel Iglesias Lamas (Asociación Alumnado IV Ciclo-Lugo)

14:00 a 14:15h. Coloquio

►        14:30h. Xantar (na propia cafetería da Facultade. Sistema de auto servizo)

           

Sesión de tarde:

►        16:30h. Mesa Redonda:  “Posta en común das Asociacións do alumnado sénior de Galicia”

  • Presentación: Mª Asunción Pérez Pérez (Asociación Alumnado IV Ciclo)

Participan:

  •  Adayeus (A Coruña): Marisa Mauriz Barreiro
  • Asaexs (Pontevedra): Cristina Luginick Collaneri
  •  Aulas de Formación Aberta (Vigo): Juan Antonio Lagos Amorín
  • Aulas de Formación Aberta (Ourense): José Luis Cuesta Gallego
  • Alumnado IV Ciclo (Lugo): Xosé Valcárcel Sánchez
  • Modera: Alejandro Otero Dávila (presidente de Fegaus)

►        17:30h. Coloquio.

►        18,00 h. Acto de clausura.

Presentación: Gloria Pérez Rodríguez (Asociación Alumnado IV Ciclo)

  • Actuación da Coral “Lucus Terra” da Asociación do Alumnado IV Ciclo-Lugo (Director Bruno Villamor Gay)

Despedida

  • Alejandro Otero Dávila, presidente de FEGAUS.

Peche co himno universitario “Gaudeamus igitur