Impreso con toda la información para descargar:

IMPRESO MATRÍCULA 2021.2022

 

PROGRAMA UNIVERSITARIO DE MAIORES DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CICLO INTENSIVO – Campus de Vigo

UNIVERSITARIO/A SENIOR EN CULTURA E SOCIEDADE

Oferta de materias do curso 2021/2022

Xerará dereito á expedición dun título propio de “Universitario Sénior en Cultura e Sociedade” a superación dun mínimo de 60 créditos.

Deberán cursar un mínimo de 9 créditos e ata un máximo de 15 créditos por curso académico as persoas que non teñan superado os 60 créditos totais do ciclo.

LISTAXE DAS MATERIAS DO CILO INTENSIVO PARA O ESTUDANTADO QUE MATRICÚLASE POR 1º VEZ

MATERIAS INICIO INTENSIVO 21-22

 

 

PROGRAMA UNIVERSITARIO DE MAIORES DATOS PERSOAIS E DE PAGAMENTO CURSO 2021/2022

 

PAGAMENTO:

 

0 EFECTIVO DOMICILIADO:       0 Pago Único      0 Fraccionado
 

Domiciliación do pagamento fraccionado: Non se poden fraccionar importes inferiores a 100 €, nin importes xerados despois do 21 de xaneiro de 2022.

 

No caso de pagamento por domiciliación debe presentar autorización de recibo SEPA coa sinatura orixinal da persoa titular da conta. De non presentalo no prazo de 10 días naturais desde a matrícula procederase ao cambio de forma de pago “a prazo único en efectivo” e informarán da nova situación por correo electrónico ao alumnado. Non realizar o pagamento no prazo indicado na Folla de liquidación terá as consecuencias previstas nas Normas económicas

derivadas da xestión académica de titulacións oficiais e propias da UVIGO.

 

O importe a ingresar resultante da formalización da matrícula ou dunha modificación de matrícula é obrigatorio aboalo no período indicado na folla de liquidación e deberá realizarse nalgunha das entidades bancarias colaboradoras coa Universidade de Vigo, que figuran na súa folla de liquidación.

 

Información básica sobre a protección dos seus datos

Responsable: Universidade de Vigo

Finalidade: xestionar a matrícula do programa de maiores na Universidade de Vigo.

Lexitimación: o tratamento de datos de carácter persoal recollidos neste documento baséase nas competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades.

Cesións: non se prevén cesións a terceiros.

Dereitos: as persoas interesadas poderán exercitar os seguintes dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos.

Procedencia da información: A información recollida neste formulario procede da propia persoa interesada ou a súa representación legal.

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos